Non te esquezas de solicitar a túa subvención do FOGGA para froitas e leite

En Frutas San Román, apoiamos os esforzos que dende as institucións, as familias e colexios estades a facer por fomentar os hábitos de vida saudable cos rapaces.

Cremos na importancia de favorecer o consumo de produtos frescos (especialmente froitas e produtos da horta ecolóxicos, de tempada e locais) promovendo a súa progresiva xeneralización na dieta, apoiándose na educación alimentaria.

O coñecemento da alimentación saudable é fundamental para previr problemas de saúde e desenvolver actitudes responsables e hábitos saudables.

Os centros educativos xogades un papel fundamental, tanto na alimentación diaria do alumnado como na súa promoción.

cartel-consumo-frutas

Coñecedores da recente publicación polo FOGGA da resolución de aprobación das axudas para a subministración de froitas ao alumnado, poñemos á vosa disposición a nosa experiencia para aconsellarvos sobre as opcións de froitas frescas e leite, sempre coa mellor relación calidade/prezo.

A orde establece a obriga de presentar tres presupostos independentes. Froitas San Román facilitarache un deles.

Ponte en contacto con nos.

Podédes acceder a toda a documentación no siguiente enlace:

fogga.xunta.gal

E preme sobre a solapiña: «axudas escolares»

Por qué elixirnos

Distribución propia

Contamos cunha flota de vehículos e repartidores que garante un servizo de entrega de calidade. Cada mañá recibirás no teu cole a mercadoría nas mellores condicións.

Somos produtores

O grupo FRUASA é produtor de froitas de oso (platerinas, péxegos, péxegos paraguaios, nectarinas...), amorodos, arándanos, mazás e peras, garantindo a mellor relación calidade/prezo

Sostibilidade

Apostamos pola economía circular, o respecto polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible

Gran variedade de productos

Temos unha gran variedade de froitas, verduras frescas, froitos secos e legumes. Se non o temos, atoparémolo para ti!

Trato personal

Unha persoa da nosa empresa encargarase específicamente do teu centro. Asesoraráche e porá ao teu dispor os mellores produtos e responderá a todas as túas dúbidas.

Coñecemos a importancia da educación e o labor dos mestres

Entendemos e valoramos o sector educativo xa que temos longa experiencia nel.

Máis de 40 anos de experiencia

Iso permitiunos seleccionar os nosos provedores e formar un excelente equipo de profesionais

Economía social

Comprometémonos cos agricultores e gandeiros, garantindo as súas condicións laborais.

En este curso 23/24

Número de alumnos atendidos
1
Raciones diarias de leche servidas
1
Kilogramos de fruta servida
1

FAQs

Sí, os gastos de loxística e entrega están incluídos no prezo.

Froitas San Román distribúe unha ampla gama de froitas e produtos da horta, sempre de excelente calidade e sobre todo de tempada.

Emitimos un albará para cada entrega e ao rematar o periodo, a factura correspondente

Si, a través dunha empresa que colabora con nós.

A resolución do 10/07/23 pola que se regulan as axudas sinala expresamente que a froita non pode ser sometida a ningún tipo de transformación, incluída a elaboración de zumes. A castaña para comer crúa ou asada.

Si, Frutas San Román aposta pola economía circular.

Non, a compra debe estar xustificada e debe argumentarse en función do prezo e da calidade.

En froitas 0,17 Kg por alumno e día. No leite:200cc

Neste momento a froita ten o IVE cero, pero en todo caso será financiada pola Xunta.

Non. O artigo 5.3 é moi claro: especifica que deben presentarse 3 ofertas de diferentes provedores e avaliar a súa independencia. Deben ser comparables e detallados (custo unitario, descrición e custo total de cada produto).

Non, únicamente por medio electrónicos na sede da Xunta https://sede.xunta.gal

Non necesariamente xa que no artigo 7.7 a resolución establece que transcorridos 3 meses contados dende o día seguinte ao final do prazo de presentación, as solicitudes de autorizacións non resoltas e notificadas en dito prazo  entenderanse estimadas por silencio positivo e as de axuda desestimadas por silencio negativo.

Si, sempre que se lle comunique previamente ao FOGGA e este o autorice (art. 7.6).

Establécese no artigo 10, pero hai que ter en conta que só admiten unha única solicitude por cada período de distribución e grupo de produtos. Ademais, deberá presentarse no prazo de 3 meses desde o último día de cada período.(código de procedimiento MR265C)

Poñede especial atención no prazo xa que si vos pasades entre 1 e 30 días naturais está penalizado co 5%, entre 31 e 60 días co 10% e a parir do día 60 cun 1% por cada día adicional

ANEXO III, facturas xustificativas, xustificación do pagamento, tres ofertas de provedores independentes e, no caso de produtos garantidos por réximes de calidade, os correspondentes certificados e, no seu caso, fotografía da etiqueta.

Si, o FOGGA pode realizar controis non só na documentación, senón tamén nas instalacións do solicitante

Si, no artigo 21 establécese esta obriga

Contacto

Horario

Lunes a Viernes: 7:00–13:30
Sábados: 7:30–13:00
Domingos: Cerrado

dirección

Mercado de Froitas de Vigo C/Emilia Pardo Bazán 129, 36214 Vigo, Pontevedra