En Frutas San Román, apoiamos os esforzos que dende as institucións, as familias e colexios estades a facer por fomentar os hábitos de vida saudable cos rapaces.
Cremos na importancia de favorecer o consumo de produtos frescos (especialmente froitas e produtos da horta ecolóxicos, de tempada e locais) promovendo a súa progresiva xeneralización na dieta, apoiándose na educación alimentaria.
O coñecemento da alimentación saudable é fundamental para previr problemas de saúde e desenvolver actitudes responsables e hábitos saudables.Coñecedores da recente publicación polo FOGGA da resolución de aprobación das axudas para a subministración de froitas ao alumnado, poñemos á vosa disposición a nosa experiencia para aconsellarvos sobre as opcións de froitas frescas e leite, sempre coa mellor relación calidade/prezo.
A orde establece a obriga de presentar tres presupostos independentes. Froitas San Román facilitarache un deles.Podédes acceder a toda a documentación no siguiente enlace:
E preme sobre a solapiña: «axudas escolares»
Contamos cunha flota de vehículos e repartidores que garante un servizo de entrega de calidade. Cada mañá recibirás no teu cole a mercadoría nas mellores condicións.
O grupo FRUASA é produtor de froitas de oso (platerinas, péxegos, péxegos paraguaios, nectarinas...), amorodos, arándanos, mazás e peras, garantindo a mellor relación calidade/prezo
Apostamos pola economía circular, o respecto polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible
Temos unha gran variedade de froitas, verduras frescas, froitos secos e legumes. Se non o temos, atoparémolo para ti!
Unha persoa da nosa empresa encargarase específicamente do teu centro. Asesoraráche e porá ao teu dispor os mellores produtos e responderá a todas as túas dúbidas.
Coñecemos a importancia da educación e o labor dos mestres
Entendemos e valoramos o sector educativo xa que temos longa experiencia nel.
Iso permitiunos seleccionar os nosos provedores e formar un excelente equipo de profesionais
Comprometémonos cos agricultores e gandeiros, garantindo as súas condicións laborais.
No curso pasado: 23/24
Sí, os gastos de loxística e entrega están incluídos no prezo.
Emitimos un albará para cada entrega e ao rematar o periodo, a factura correspondente
Pódese solicitar dous ou un só período.
Primeiro período: do 01/11/2024 ao 28/02/2025
Segundo período: 01/03/2025 ao 30/06/2025
Froitas frescas: 10 días lectivos consecutivos para cada período.
Leite: un MÍNIMO de 10 días consecutivos por período.
Non, a compra debe estar xustificada e debe argumentarse en función do prezo e da calidade.
En froitas 0,17 Kg por alumno e día. No leite:200cc
Non. O artigo 5.3 é moi claro: especifica que deben presentarse 3 ofertas de diferentes provedores e avaliar a súa independencia. Deben ser comparables e detallados (custo unitario, descrición e custo total de cada produto).
Non necesariamente xa que no artigo 7.5 a resolución establece que transcorridos 3 meses contados dende o día seguinte ao final do prazo de presentación, as solicitudes de autorizacións non resoltas e notificadas en dito prazo entenderanse estimadas por silencio positivo e as de axuda desestimadas por silencio negativo.
Lunes a Viernes: 7:00–13:30
Sábados: 7:30–13:00
Domingos: Cerrado
Mercado de Froitas de Vigo C/Emilia Pardo Bazán 129, 36214 Vigo, Pontevedra